Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 27 de setembro

9.15 h
Na Sala Circular do Auditorio de Galicia, a concelleira de Turismo, Marta Lois, preside o Consello Municipal de Turismo. SÓ GRÁFICOS.

11.00 h
A concelleira de Desenvolvemento Económico e Emprego, Marta Lois, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visitan o obradoiro de emprego Ecotur Xuvenil II. Punto de encontro: parque Eugenio Granell-residencia de Pontepedriña.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Cabido, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e presidente do Consorcio, inaugura a exposición "Compostela, a Terceira Dimensión", de Enrique Criado. Na rolda tamén estará o autor das fotografías; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; e o coordinador da mostra, responsable de exposicións e publicacións do Consorcio de Santiago, Juan Conde.

A partir das 18.00 h
No Mercado Entre Lusco e Fusco, sesión práctica sobre métodos de transformación de alimentos. As produtoras e produtores do Mercado Entre Lusco e Fusco ofrecerannos un espazo onde recibiremos os seus consellos e experiencia para aprender distintos métodos de conservación de alimentos: fermentos, conservas de peixe, secados, zumes de froita ou viño, etc. Actividades gratuítas dirixidas a todos os públicos: Información e inscricións: Teléfono:981543145 // http://goo.gl/FRjGtr

Festival Internacional de Títeres, Galicreques
10:30 H / SGAE / Títeres Alakrán (Galicia): «Os soños na gaiola»
Toda a información: www.galicreques.com

Compartir: