Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 23 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o pedagogo Francesco Tonucci, que asinará no libro de honra do Concello. Declaracións ao remate.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.00 h a 13.00 h
No Salón de Plenos, Francesco Tonucci, acompañado polo concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, manterá un encontro con escolares da cidade.
13.15 h
Na praza do Obradoiro, Francesco Tonucci saudará un grupo de nenas e nenos do CEIP Raíña Fabiola que participan no programa Colecamiños.
19.00 h
No salón de actos do Instituto Rosalía de Castro, Tonucci pronunciará a conferencia "A cidade das nenas e dos nenos: unha nova filosofía de goberno da cidade". Ao remate, presentación do libro "Cando os nenos din: basta".

20.30 h
No Teatro Principal, ‘He who loves beauty’, concerto dramatizado para tenor, actor e piano no 40 cabodano de Benjamin Britten. Dentro do XVII Ciclo de Lied.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto 'Solistas coa Real Filharmonía de Galicia’ dentro da VI edición do Festival Internacional Peregrinos Musicais.

30 Semana Cultural de Conxo
As irmás prodixio co CABARET INFANTIL PRODIXIO para nenos/as de 3 a 8 anos.
18.00 h Tarde de xogos tradicionais e populares. Asociación do Xogo Tradicional de Compostela.
18.30 h Sobre a arte de trobar III. Compoñendo en verso con GARCÍA "Dios ke te Crew" (Rap). Aprende a facer rap. Grupo aberto
19.30 h Baile HIP HOP, FUNKY. TALLER ABERTO. COMPOÑENDO UNHA COREOGRAFÍA. Taller Aberto
21.30 h NOITES DE LÚA E CINE no Psiquiátrico de Conxo en coordinación coa Asociación Itinera.

Compartir: