Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 22 de setembro

Todo o día
Celebración do Día sen Coches, dentro da Semana Europea da Mobilidade. Haberá transporte público gratuíto e bicicletas nos aparcadoiros de borde de Salgueiriños, Santa Marta e na Estación de Autobuses.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deporte, Rafael Peña, para presentar a XV Camiñada ao Pedroso a prol de Unicef. Na rolda estarán representantes do Club Deportivo Fontiñas e de Unicef.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; do director de AGADIC, Jacobo Sutil; e do director de Galicreques, Jorge Rey, para presentar a programación do XXI Festival Internacional de Títeres, Galicreques, que se celebra en Compostela do 24 de setembro ao 2 de outubro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

19.30 h
Na Praza das Pratarías, concerto da Banda Municipal de Música.

20.30 h
No Teatro Principal, ‘A canción de cámara vasca’ concerto con Miren Urbieta-Vega, soprano, e Rubén Fernández Aguirre, pianista, dentro do XVII Ciclo de Lied.

21.00 h
Na Catedral de Santiago, concerto ‘Os Peregrinos Musicais’ dentro da VI edición do Festival Internacional Peregrinos Musicais.

30 Semana Cultural de Conxo
A partir das 18.00 h: Tarde de Xogos Amigables.Desde os 5 anos
18.30h: Sobre a arte de trobar I. PEQUENOS E PEQUENAS REGUEIFEIRAS con Alba María. Aprende a regueifar. Inscricións limitadas
20.00h: Sobre a arte de trobar II. ACTO DE HOMENAXE A MANUEL TARRÍO SEOANE, MANOLO O DE VIDAL, O TROBEIRO DE CONXO. Actuación do regueifeiro Luis CARUNCHO.

Compartir: