Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 21 de setembro

10.00 h
Na Sede de Abanca (praza de Cervantes), a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, asiste á inauguración do Congreso Internacional Lingua, literatura e gastronomía entre Italia e a Península Ibérica.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar a II edición do Festival Rock is Dead. Na rolda tamén estará o vicepresidente da Asociación Cultural Mad Ghost, Iago Otero.

11.30 h
En Xoán XXIII, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na actividade "Ponte no meu lugar", organizada polo Concello en colaboración con Cogami e Amico con motivo do Día da Accesibilidade e dentro da Semana Europea da Mobilidade. Os participantes no acto farán o percorrido ata o Concello en cadeira de rodas.
Ás 12.15 h, na Casa do Concello, o alcalde e o presidente de Cogami, Anxo Queiruga, asinan un convenio de colaboración sobre accesibilidade.
Pola tarde (de 17:00 a 20:00 horas), faranse percorridos semellantes dende a praza do Toural ata a praza de Galicia, nos que poderá participar quen o desexe. Cogami e Amico utilizarán para iso 30 cadeiras de rodas e outros tantos voluntarios.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico e Comercio, Marta Lois, para presentar a festa "56 vivindo o Ensanche ". Na rolda tamén estarán o coordinador do evento, Xosé Manuel Durán; Delmiro Prieto, secretario de Santiago Centro; Xaquín Mato, presidente da Asociación Raigame; Gonzalo Gesto, representante de Panxea; e Eva López, de EmRede.

20.30 h
No Teatro Principal, concerto ‘Pianismo, pianismo…’ dentro da VI edición do Festival Internacional Peregrinos Musicais.

30 Semana Cultural de Conxo

A partir das 17.00h: Encontro interxeracional de Xadrez. Todas as idades. Inscribirse previamente
17.00h: Obradoiro de electrónica básica con VERMISLAB
18.30h: XINCANA CICLISTA
19.30h: Software in/gaming. Multimedia interactiva. Xogos, simuladores, estratexia, casual games con Imaxin Software

Compartir: