Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 20 de setembro

10.15 h
Na Casa do Concello, o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, mantén un encontro cos medios de comunicación.

10.30 h
Na Casa do Concello, o concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete manterá un encontro cos medios de comunicación.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Martiño Noriega para presentar o Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, que se celebra do 3 ao 9 de outubro. Na rolda participan tamén a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; e o director do festival, Pela del Álamo.

12.00 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o director de vehículos eléctricos Renault Iberia, Luís Valerio Fernández, asinan o protocolo de colaboración entre o Concello e Renault para o impulso e promoción conxunta da mobilidade cero emisións en Santiago de Compostela. Declaracións ao remate.
A continuación, na praza do Obradoiro, acto de entrega dos vehículos. Ás 12.30 h (aprox.), na praza Roxa, visita á exposición de vehículos eléctricos, dentro das actividades programadas con motivo da Semana Europea da Mobilidade.

A partir das 18.00 h
No CIAC, sesión práctica sobre Alimentación Responsable: Sabemos o que comemos? Sabemos de onde veñen os nosos alimentos? Que significan as etiquetas? Como podo saber se é ecolóxico? Que opcións teño? Realizaremos unha sesión práctica para dar resposta a estas preguntas e coñecer o que o noso entorno nos ofrece. Actividade gratuíta dirixida a todos os públicos. Información e inscricións: teléfono 981543145 // http://goo.gl/aG33lh

20.00 h
No Centro Sociocultural de Conxo, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, inaugura os actos con motivo da 30 Semana Cultural de Conxo.

20.30 h
No Teatro Principal, ‘Mestres e Laureados’, concerto de José Luis Estellés e Ilona Timchenko, coa participación de Iria Castro Real. Dentro do festival Peregrinos Musicais.

30 Semana Cultural de Conxo
A partir das 18.00 h: Reencontros. Xogos (espazo de xogo)
18.30 h: Encontro con artista. Obradoiro de debuxo ilustrado (a partir de 7 anos)
19.00 h: Obradoiro científico. Obradoiro de foguetes.
20.00 h: Acto de inauguración.

Compartir: