Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o domingo 18 de setembro

10.00 h
Carreira ao Monte Pedroso dentro do V Circuíto de Carreiras Saudables Corresan. Saída de Monte Pío.

12.00 h
En Virxe da Cerca, os concelleiros de Mobilidade e de Medio Ambiente, Jorge Duarte e Xan Duro, participan nas actividades organizadas por Composcleta en colaboración co Concello baixo o nome "EmBíciate con nós", dentro do programa da Semana da Mobilidade.

17.00 h
En San Lázaro, a concelleira Marta Lois fai entrega dos premios da última proba do Campionato de España de Enduro, organizada polo club Móvete na Moto en colaboración co Concello.

A partir das 17.00 h
No CIAC, Obradoiro de Compostaxe, co obxectivo de coñecer unha alternativa ecolóxica para o tratamento dos residuos orgánicos da casa, os restos das podas, horta e xardíns. Actividade gratuíta dirixida a todos os públicos. Información e inscricións: teléfono 981543145 // http://goo.gl/l4E43D

Compartir: