Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 17 de setembro

9.30 a 20.30 h
No CIAC, Xornadas de educación ambiental: Contos para coidar a terra. A Sociedade Galega de Educación Ambiental organiza estas xornadas nas que haberá charlas impartidas por contacontos e responsables de editoriais, sesións prácticas para aprender a dinamizar a lectura e a ilustrar e contar contos. Coa presenza de Chus Ferrín, Bea Campos, Paco Nogueira e Anxo Moure. Para inscricións e información: https://blogsgea.wordpress.com/ sgea@sgea.org /619484395

11.00 h
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, participa na andaina solidaria organizada por FAGAL (Federación Alzheimer Galicia), con saída do Monte de Gozo e chegada a Bonaval, arredor das 12.45 h, onde terá lugar o acto central con motivo do Día Mundial do Alzheimer.

13.30 h
Na rúa de San Pedro (praza 8 de marzo), a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, participa na Feira de Economía Social, que dá comezo ao programa Compostela+Solidaria, organizado pola Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento en colaboración co Concello.

VERÁN EN VERDE
FACER
17.00 a 18.30 h No Centro de Interpretación Ambiental de Compostela, CIAC, Obradoiro de Compostaxe. Necesaria inscrición previa en circonove@gmail.com

Compartir: