Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 15 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, sobre asuntos da súa área.

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o alumnado da oitava promoción do Instituto Santiago Apóstolo de Bos Aries.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deporte, Rafael Peña, para presentar a última proba do Campionato de España de Enduro. Na rolda tamén estará o presidente da Federación Galega de Motociclismo, José Canda Rodríguez.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, das actas correspondentes, ás sesións extraordinarias dos días 7 de xuño de 2016 (núm. 10) e 27 de agosto de 2016 (núm. 14).
2. Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3. Exoneración das taxas de licenza e do imposto de construcións, instalacións e obras, por ser declarada de interese público a construción dunha gardería no barrio do Castiñeiriño.
4. Modificación do acordo plenario de 21 de xaneiro de 2016, sobre incorporación ao Proxecto "Smarter Together".
5. Solicitude á administración central dunha maior implicación no financiamento do transporte urbano colectivo.
6. Adhesión ao Pacto estatal pola soberanía alimentaria, a educación ambiental e a sostenibilidade do territorio.
7. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, para o impulso do centro de interpretación de Villestro e a catalogación e promoción do patrimonio rupestre.
8. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, para a posta en servizo de melloras na depuración das augas residuais urbanas vertidas ao río Sar.
9. Proposición do grupo municipal Socialista, relativa a posta en marcha dun plan de reactivación e dinamización comercial do barrio de Vista Alegre.
10. Dar conta de persoamentos, sentenzas e outras incidencias en recursos contencioso-administrativos.
11. Dar conta de resolución da alcaldía, nomeando concelleiro-secretario suplente segundo da Xunta de Goberno.
12. Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
13. Rogos e preguntas.
14. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

Compartir: