Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 14 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deporte, Rafael Peña, para presentar a carreira do Monte Pedroso dentro do V Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan. Na rolda tamén estará o delegado da Federación Galega de Atletismo en Santiago, Iván Sanmartín.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns e Mobilidade, Jorge Duarte, para presentar os actos con motivo da Semana da Mobilidade. Na rolda tamén estará Manuel Salgado, de Composcleta, e un representante de Cogami.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o VI Festival Peregrinos Musicales. Na rolda estarán tamén a directora artística do festival, Ilona Timchenko; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; e o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo.

18.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe os membros da Mesa de Cultura Española da Sociedade de Witte de A Haia.

19.00 h
No Pazo de San Roque, o concelleiro Manuel Dios asiste ao acto de ingreso na Real Academia Galega de Ciencias de José Ramón Cancelo.

20.30 h
No Teatro Principal, Ibuprofeno Teatro presenta ‘Raclette’, con texto e dirección de Santiago Cortegoso e con Toni Salgado, Deborah Vukusic, Marián Bañobre, Iria Sobrado e Salvador del Río no reparto.

Compartir: