Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 30 de abril

10.00 h
O alcalde mantén unha xuntanza telemática co delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan.

10.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantén unha xuntanza coas asociacións de comerciantes da cidade.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta Xan Duro sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, para presentar as Estratexias para a reactivación do turismo cultural e patrimonial do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

17.30 e 18.30 h
No Teatro Principal, Caramuxo Teatro presenta ‘Catro’, dentro de #PorVezPrimeira, espectáculos familiares de ‘Viva a escena!’, programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Una noche sin luna’, con Juan Diego Botto, dirixida por Sergio Peris-Mencheta, dentro de ‘Viva a escena!’, programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.

Compartir: