Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 28 de abril

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta Jorge Duarte sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o programa Compostela ilustrada. A conciencia do debuxo. Na rolda tamén estará a coordinadora, Gemma Sesar.

NOTA: as roldas retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
No Museo do Pobo Galego, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición Unha Galicia mellor: 40 anos do Estatuto de Autonomía, 1981-2021.

14.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co secretario de Estado de Seguridade, Rafael Pérez Ruiz.

20.30 h
No Teatro Principal, Sharon Fridman presenta ‘Dosis de Paraíso’, espectáculo de danza dentro de ‘Viva a escena!’, programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.

Compartir: