Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 14 de abril

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, para dar conta das actuacións realizadas polo seu departamento en 2020 e presentar a planificación para 2021.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar ‘El bar que se tragó a todos los españoles’, do Centro Dramático Nacional, que estará no Auditorio de Galicia este venres 16 e sábado 17, dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura. Participarán online Alfredo Sanzol, director do Centro Dramático Nacional e autor e director da obra; e os actores Natalia Huarte, Nuria Mencía e Jesús Noguero.

NOTA: as dúas roldas retransmitiranse por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa cónsul de Colombia en España, Gloria María Borrero Restrepo.

Compartir: