Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 24 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación de Curtocircuíto 2020. Asisten:
- Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago
- Xosé Lois Penas, deputado de Patrimonio e Contratación da Deputación da Coruña
- Jacobo Sutil, director de AGADIC
- Pela del Álamo, director de Curtocircuíto
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

17.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, das actas correspondentes á sesión ordinaria do 30 de xullo e extraordinaria do 4 de setembro, ambas deste ano.
2.- Toma de posesión do concelleiro Don Rubén Prol Mariño.
3.- Aprobación do sistema de votación nominal para a adopción dos acordos da sesión.
4.- Solicitude de inicio de avaliación ambiental da modificación do PXOM no ámbito do SUD 9/10. Estrada de Vigo-Chouchiños.
5.- Proposición presentada polo grupo municipal de Compostela Aberta para non amparar a instalación dun vertedoiro no lugar de Corexo-Marrozos.
6.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para impulsar o contido do Plan especial de Brañas do Sar para incrementar a súa protección ambiental e os espazos de lecer e deportivos ao aire libre durante a pandemia da COVID-19.
7.- Proposición presentada polo grupo municipal do Partido Popular para elaborar un estudo dos perigos da velocidade nas vías do municipio e a redución das notificacións defectuosas en materia de tráfico.
8.- Proposición presentada polo grupo municipal do Partido Popular para a información das consecuencias da COVID-19 na actividade do concello nas súas máis diversas áreas.
9.- Proposición presentada polo grupo municipal de Compostela Aberta para garantir a continuidade dos postos das praceiras do Mercado de Abastos.
10.- Dar conta de escrito do grupo municipal de Compostela Aberta, designando membros nas diferentes comisións.
11.- Dar conta da Sentenza núm. 441/2020, do 24 de xullo de 2020, recaída no PO 4080/2019.
12.- Dar conta do estado de execución do orzamento correspondente ao segundo trimestre do corrente ano.
13.- Dar conta de expedientes de modificación orzamentaria aprobados por resolución da concelleira delegada de economía e facenda no segundo semestre do ano en curso.
14.- Dar conta de resolucións da alcaldía de datas 30 de xullo, 6 de agosto e 8 de setembro.
15.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
16.- Solicitude de comparecencia a petición propia do concelleiro don Gonzalo Muíños Sánchez.
17.- Rogos, preguntas e interpelacións.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal

Compartir: