Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 27 de xullo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar Festival C, a programación cultural da Concellaría para o mes de agosto. Tamén estará na rolda o deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Lois Penas.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

13.00 h
Na Alameda, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita a exposición "Domingo de Andrade: Xenio e oficio", organizada polo COAG. Asiste tamén a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón.

Compartir: