Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 15 de maio

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar o XXVI Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia, que se celebra na cidade do 16 ao 18 de maio. Na rolda tamén estarán Antonio Fernández-Pro Ledesma, presidente nacional da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia (SEMG); Pilar Rodríguez Ledo, presidenta do comité organizador do Congreso; Lorenzo Armenteros, presidente do comité científico; e Mercedes Otero, xerenta da SEMG.

11.30 h
Na Casa do Cabido, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no acto de apertura da exposición de debuxos "Compostela monumental", do artista Andrés Freire, que estará no acto. Tamén asisten Belén Hernández, xerenta do Consorcio de Santiago, e Juan Conde, responsable de Exposicións.

18.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos equipos prebenxamín base e alevín promoción do Club Deportivo de Ximnasia Rítmica Compostela.

Compartir: