Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 27 de novembro

17.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, das actas correspondentes ás seguintes sesións:
Ordinaria do 24/10/19.
Extraordinaria do 31/10/19.
Extraordinaria do 14/11/19.
2.- Proposta de alcaldía de irmandamento coa cidade de Braga-Portugal.
3.- Ampliación dos usos dotacionais permitidos polo vixente Plan Parcial do SUNP-14 (Tras Paxonal) na reserva de equipamento docente DOC.
4.- Aprobación do expediente de suplemento de crédito nº 2019-SUPLE-05 de importe 5.055.032,54 euros con destino amortización de débeda bancaria municipal financiado co remanente líquido de tesourería para gastos xerais do concello do exercicio 2018.
5.- Aprobación do expediente de suplemento de crédito nº 2019-SUPLE-06 de importe 1.379.570,40 euros con destino amortización de débeda bancaria municipal financiado co remanente líquido de tesourería para gastos xerais do concello do exercicio 2018.
6.- Proposición do grupo municipal de Compostela Aberta, para a dotación de servizos básicos de abastecemento e saneamento en todo o termo municipal.
7.- Proposición do grupo municipal do BNG, para a creación dun conservatorio profesional de danza en Santiago de Compostela.
8.- Proposición do grupo municipal do BNG, para instar ao novo goberno español a cumprir acordos e revisar proxectos pendentes con Santiago de Compostela.
9.- Proposición do grupo municipal de Compostela Aberta, para impulsar unha renda de garantía infantil en Santiago de Compostela.
10.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular, para a creación dunha comisión municipal para determinar os incentivos fiscais para o comercio minorista.
11.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular, para a optimización da conexión da cidade da cultura coa AP-9 e mellora das vías de acceso desde Sar e as Fontiñas.
12.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
13.- Rogos, preguntas e interpelacións.

19.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega do XII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados.

Compartir: