Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 9 de febreiro

10.30 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe a secretaria de Estado de Turismo, Rosana Morillo Rodríguez, xunto ao delegado do Goberno en Galicia, José Miñones. Programa:
- Visita ao Hostal dos Reis Católicos
- Declaracións aos medios na praza do Obradoiro
- A continuación, xuntanza na Alcaldía (SÓ GRÁFICOS)

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
No salón verde, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Mercagalicia. (SÓ GRÁFICOS).

12.15 h
No salón amarelo, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside o acto de sinatura do convenio entre o Concello de Santiago, o Consorcio e Mercasa (Sociedad Mercados Centrales de Abastecimiento SA) para a redacción do proxecto, execución de obra e dotación do Centro Loxístico de Provisión e Distribución de Mercadorías da Cidade Histórica de Santiago de Compostela.

13.00 h
No Salón Artesoado do Colexio de Fonseca, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste á inauguración da exposición ‘Valle-Inclán íntimo’.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Iluminacións’, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Joana Carneiro e con María Hinojosa Montenegro, soprano.

20.30 h
No Teatro Principal, Mofa e Befa presentan ‘Pirolíticos’ dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura. Ao remate do espectáculo, #posfunción.

Compartir: