Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 4 de febreiro

12.00 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa no acto da AECC de Santiago no que se realizará un lazo humano con motivo do Día mundial contra o Cancro.

12.30 h
No CSC da Rocha, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da XII Exposición da Camelia.

18.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Xogo de espellos. Unha ollada a través da música electrónica’, concerto familiar da Real Filharmonía de Galicia.

20.30 h
No Teatro Principal, Titzina Teatro presenta ‘Buho’ dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.

Compartir: