Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 24 de febreiro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘Música e evolución’, concerto didáctico con Pablo Carpinteiro Arias, presentador e músico, e Rosa Sánchez, cantadora e percusionista.

10.00 h
No Colexio Juventud (rúa dos Concheiros, 43), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, entrega os premios pola participación no certame de traballos literarios da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela.

12.00 h
Na Casa do Cabido (Praza de Praterías, 2), o presidente do Consorcio e alcalde da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición ‘Historias de Radio Galicia. 90 anos contigo’, que conmemora o 90º aniversario de Radio Galicia. Tamén asistirá a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o director de Radio Galicia, Mario Moreno, e o comisario da exposición, Aser Álvarez.

12.30 h
Na praza do Obradoiro, 5 minutos de silencio en sinal de apoio ao pobo ucraíno ao cumprirse un ano do comezo da guerra.

20.30 h
No Teatro Principal, ‘Hamelin’ de Redrum Teatro, dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.

Compartir: