Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 16 de febreiro

10.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
1. ASISTENCIA AO PLENO. Toma posesión do cargo de concelleira dona María Begoña Rodríguez Rodríguez.
2. PLANEAMENTO. Aprobación definitiva da Modificación puntual do Título III do PXOM. Regulación de usos.
3. ALCALDÍA. Concesión da Medalla de permanencia da Policía Local de Santiago de Compostela.
4. Comparecencia do concelleiro responsable do contrato de alugueiro dun inmoble no parque empresarial da Sionlla.

19.00 h
No CSC do Ensanche, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega dos premios de escaparatismo e de decoración de vivendas de Nadal.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Desde Gales’, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Sian Edwards e con Alba Barreiro, arpa.
Antes do concerto, ás 19.45 h, Conversando con… Sian Edwards.

Compartir: