Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 15 de febreiro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar a quinta edición do Festival Rosalía. Na rolda tamén estará a deputada provincial de Igualdade e Normalizacion Lingüística, María Muíño, e a cantante Faia Díaz.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar a estrea de 'Hamelin' de Redrum Teatro, os días 23 e 24 de febreiro no Teatro Principal, dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura. Acompáñana o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; o director da obra, Álex Sampayo; e o actor Guillermo Carbajo.

12.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o actor Luis Zahera.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Esther Pedrosa, para presentar o Campionato de España de Enduro. Na rolda tamén estará o presidente da Federación Galega de Motociclismo, José Camba.

12.00 h
No Salón Nobre, recepción a un grupo de rapaces e rapazas de París que están de intercambio no Colexio La Salle.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de celebración dos Premios Serenidade.

Compartir: