Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 28 de xullo

11.00 h
O alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Xosé Sánchez Bugallo, visita as cubertas do Pazo de Raxoi tras a reparación realizada polo Consorcio. Estará acompañado pola xerente do Consorcio, Belén Hernández, e pola directora da obra, Lourdes Pérez Castro.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar a XIX edición do Festival Feito a Man. Na rolda tamén estarán a deputada Mila Castro, por parte da Deputación da Coruña; o presidente da Asociación Cultural Cidade Vella, Suso Pais; e a directora do Festival, Ánxeles Porto.

13.30 h
Día de Padrón en Santiago
Chegada da Corporación de Padrón.
Recibe nos soportais a Corporación de Santiago de Compostela.
Intercambio de pendóns.
Saúdo dos alcaldes e intercambio de bastóns.
Saúdo dos alcaldes aos membros das Corporacións.

13.35 h Recepción no salón nobre do Pazo de Raxoi
Intervencións:
- Antonio Fernández Angueira, Alcalde de Padrón.
- Xosé A. Sánchez Bugallo, Alcalde de Santiago de Compostela.
Saída ao balcón para escoitar ás Bandas de música, que interpretarán tres pezas cada unha.

FESTAS DO APÓSTOLO
http://santiagodecompostela.gal/medi/Baners/Programa_Apostolo22_12_07_2022.pdf

Compartir: