Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 30 de novembro

10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:

NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web
municipal.

1. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2022/00052730E
Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do día 27 de outubro de 2022.
2. SECRETARIA XERAL. Referencia: 2022/00052730E
Toma de coñecemento da adquisición da condición de concelleiro non adscrito e modificación da composición das Comisións de proposta, estudo e informe, permanentes e especiais.
3. PLANEAMENTO. Referencia: 2022/00040171K
Aprobación provisional da modificación puntual do título III do PXOM. Regulación de usos.
4. XESTIÓN DE PERSOAL. Referencia: 2022/00042137D
Aprobación da modificación do cadro do persoal do ano 2022 co obxecto de levar a cabo o proceso de estabilización.
5. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2022/00051558T
Levantamento de reparo e aprobación, disposición e recoñecemento de obrigas correspondentes ao contrato de servizos de conservación, reparación, pequena reforma ou ampliación de diversos edificios e instalacións do concello.
6. Proposición presentada polo grupo municipal do PP sobre a constitución dunha comisión especial para estudar a situación do transporte público.
7. Proposición presentada polo grupo municipal de CA relativa ás reclamacións económicas da empresa concesionaria do servizo de auga en concepto de regularización da conexión ao servizo de saneamento.
8. Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para crear e aplicar un plan de aforro enerxético nas instalacións municipais.
9. Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para crear un programa de actividades extraescolares e de conciliación.
10. Proposición presentada polo grupo municipal do PP sobre a actualización de zonas acusticamente saturadas.
11. Proposición presentada polo grupo municipal de CA para a mellora da mobilidade na contorna do "campus" de Lamas de Abade.
12. Dar conta da comunicación do grupo municipal Socialista designando representantes nas Comisións permanentes e especiais.
13. Dar conta de resolucións da alcaldía de delegación de competencias e modificación do réxime de dedicacións.
14. Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
15. Solicitude presentada polo grupo municipal do BNG de comparecencia do concelleiro delegado de mobilidade, seguridade cidadá e festas sobre a caótica situación do transporte urbano.
16. Solicitude presentada polo grupo municipal de CA de comparecencia do concelleiro de mobilidade e seguridade cidadá, barrios e relacións veciñais para explicar as liñas de actuación do departamento de obras.
17. Rogos, preguntas e interpelacións.
Interpelacións:
1. Formulada polo BNG sobre as actividades teatrais nos centros socioculturais.
2. Formulada por CA sobre o pago de subvencións a entidades deportivas, sociais e culturais correspondentes a 2022.
Rogos:
1. Formulado polo PP para a limpeza, mantemento e conservación dos bancos en espazos públicos.
2. Formulado polo PP para adecuar un equipamento da rede de saneamento na rúa da Ponte de San Lázaro de abaixo.
3.- Formulado polo PP para o traslado ou ocultación dos colectores de lixo situados diante da igrexa de San Martiño Pinario.
4. Formulado por CA sobre as melloras necesarias na escola infantil de Laraño.
5. Formulado polo BNG para abrir aseos no estadio multiusos Verónica Boquete-San Lázaro.
6. Formulado polo BNG para acondicionar a contorna do multiusos Fontes do Sar.
7. Formulado polo BNG para modificar o trazado da rúa do Hórreo.
8. Formulado por CA sobre a casa en ruínas na rúa Sánchez Freire, núm. 75.
9. Formulado por CA sobre as obras de rehabilitación do Museo do Pobo Galego.
Preguntas resposta oral:
1. Formulada por CA sobre a instalación de elementos deportivos e polivalentes no campo multiusos do Castiñeiriño.
2. Formulada polo PP sobre o control das concentracións nocturnas nos parques públicos para evitar ruídos e consumo de bebidas.
3. Formulada polo PP sobre a falta de execución do proxecto de "acondicionamento do camiño agrícola en Requesende-Sabugueira".
4. Formulada polo PP sobre a situación dos servizos e acondicionamento na zona do SUNP-14 (entre o periférico e o Restollal).
5. Formulada por CA sobre estacionamento na Colexiata de Sar.
6. Formulada polo BNG relativa ao aparcadoiro de Sar situado nas inmediacións do campo de fútbol.
7. Formulada polo BNG relativa á rede de saneamento do núcleo de Formarís parroquia Enfesta.
8. Formulada polo BNG pregunta pendente de contestación en relación ao orzamento da obra dos Concheiros.
9. Formulada por CA sobre muro de pedra da rúa Fervenza no barrio de Conxo.
Preguntas resposta escrita:
1.- Formulada polo PP sobre as intervencións no festival de muralismo "Compostela Contemporánea".
2. Formulada por CA sobre os contratos asinados co grupo Correo Gallego.
3. Formulada polo BNG sobre filtracións de auga na intermodal.
4. Formulada polo BNG medidas adoptadas polo goberno en relación á proposición aprobada en novembro de 2020, relativa á prevención do suicidio.
18. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1. Presentada polo PP para urxir a licitación e execución da senda peonil a Figueiras e outras melloras na Aba do Monte Pedroso.
2. Presentada polo PP sobre a planificación para a progresiva substitución de pavimentos de chapacuña nas rúas e mellora da rúa de Enfesta.
3. Presentada por CA para desenvolver un plan municipal de saúde mental e un programa específico de prevención e sensibilización sobre a enfermidade mental nos centros educativos de Santiago de Compostela.
4. Presentada polo PP para a conxelación das tarifas das peaxes nas autoestradas estatais AP-9 e AP-53.
5. Presentada polo BNG para esixir a dotación de persoal e maquinaria que recolle o contrato de limpeza e recollida de residuos.
6. Presentada polo BNG para a mellora dos servizos básicos municipais no núcleo da Aba do Pedroso.
7. Presentada polo BNG para garantir o uso compartido do pavillón multiusos da Lavacolla e arranxar o palco de música.
8. Presentada por CA para impulsar a senda peonil de Figueiras e acometer diferentes melloras reclamadas pola asociación veciñal Aba do Pedroso.
9. Presentada polo PSdeG-PSOE, PP, CA e BNG para impulsar a contratación de profesionais da interpretación de lingua de signos no concello.
10. Presentada por CA para iniciar unha nova revisión dos usos do PXOM, que permita a regulación consensuada para os problemas de vivenda, do comercio e dos usos turísticos.

20.30 h
No Teatro Principal, Experimentadanza presenta ‘Mi lugar’.

Compartir: