Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 28 de novembro

10.00 h
No hotel Quinta da Auga, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na xornada sobre a Axenda Urbana 2030 organizada pola SER "Foro Conversa: O Santiago do futuro".

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na xuntanza da Comisión Executiva do Eixo Atlántico.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira de Compostela Aberta, María Rozas, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

20.00 h
Na sala Mozart do Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, preside a gala de entrega de premios do XIV Santiago(é)Tapas.

Compartir: