Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 21 de novembro

11.00 h
No salón de plenos, pleno infantil con motivo do Día Mundial da Infancia. Participa o alumnado de 5º de primaria do CEIP das Fontiñas.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, para presentar a campaña do 25N.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

19.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de recoñecemento Meninas 2022.

Compartir: