Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 17 de novembro

10.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para presentar o Foro Talentia 2022.

10.30 h
No Salón Amarelo, recepción a M. Stanley Whittingham, Premio Nobel de Química 2019.

11.30 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita o CEIP Quiroga Palacios.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Esther Pedrosa, para presentar o Campionato de España de Enduro de Santiago. Na rolda tamén estarán o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; o delegado de Enduro da Federación Española de Motociclismo, Xavi Galindo; e o presidente da Federación Galega de Motociclismo, José Camba.

19.30 h
No Auditorio ABANCA, rúa Preguntoiro, 23, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á conferencia que, co título The Challenges facing us to address Global Weather Extremes (Os desafíos que enfrontamos para abordar os fenómenos meteorolóxicos extremos globais), impartirá o Prof. Dr. M. Stanley Whittingham, Premio Nobel de Química 2019 dentro do programa ConCiencia.

Compartir: