Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 9 de marzo

10.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, para presentar as actividades de Artellando o feminismo no rural. Na rolda tamén estarán as coordinadoras das mesmas María Pose e Cruz Dafonte.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, para presentar o Regulamento do Consello Municipal de Persoas Maiores de Santiago de Compostela.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside a Comisión Executiva da devandita entidade. SÓ GRÁFICOS.

12.00 h
No Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia), a concelleira responsable de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, intervén no acto conmemorativo organizado pola USC con motivo do Día Internacional da Muller.

Artellando o feminismo
19.00h – 20.30h
Até a última gota de tinta – Movendo os marcos do patriarcado: O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán
Marilar Aleixandre, María López e Mª Xosé Porteiro
Online

Compartir: