Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 26 de marzo

9.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese con Chus Iglesias, da Asociación Paluso.

11.00 h
No Edificio CINC da Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na presentación oficial das etapas de La Vuelta 21 en Galicia.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar o Campionato de España de Loita Olímpica. Na rolda tamén estarán Jose Luis Olazabal Ibars, presidente da Federación Galega de Loita Olímpica, e Pablo Rubén Pintos Figueroa, responsable do Campionato.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta Xan Duro sobre asuntos de carácter social.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

17.30 h
En Salamanca (Salón de recepcións do concello), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á reunión da Comisión executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Ás 19.00 h, recepción do presidente da Xunta de Castela e León no Museo Casa Lis.

20.00 h
No Teatro Principal, concerto de FAIA, dentro da programación Musical de Compostela Cultura e enmarcado nas xornadas ‘O que non se escribe. Arquivos Sonoros e Creación Contemporánea’.

Compartir: