Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 25 de marzo

10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2.- Aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM en execución de sentenzas anulatorias do polígono 11. Castiñeiriño.
3.- Aprobación definitiva da modificación puntual do artigo 21 (ordenanza 4B) da normativa do plan parcial de ordenación do SUP-6. Santa Marta.
4.- Aprobación inicial do Regulamento do Consello Municipal de Persoas Maiores.
5.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para a execución do plan de accesibilidade e seguranza viaria nos pasos de peóns.
6.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para a rehabilitación das ruínas da Caramoniña.
7.- Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a regulación do aparcadoiro municipal da praza Marcial Villamor Varela, colindante coa rúa do Olvido.
8.- Proposición presentada polo grupo municipal do PP para colaborar nas melloras de seguridade sanitaria e viaria no CEIP López Ferreiro.
9.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA para que a construción dun novo equipamento dotacional para cidade, sede do Imelga, se realice con consenso veciñal.
10.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
11.- Rogos, preguntas e interpelacións.
Interpelación:
Presentada polo BNG, sobre o ensino público.
Rogos:
Presentado polo BNG sobre o vertedoiro en Altiboia.
Presentado polo BNG sobre a seguranza viaria en Castrón Douro.
Presentado polo BNG sobre a creación de liña de subvencións.
Presentado por CA actuacións no CEIP Mestre Rodríguez Xixirei.
Presentado por CA sobre contratación directa de grupos musicais locais.
Presentado por CA sobre a seguridade de traballadoras do servizo de axuda no fogar.
Presentado polo PP para implantar puntos limpos de recollida de residuos.
Presentado polo PP sobre pagamento con "VIA T" aparcadoiros e zonas Ora.
Preguntas resposta oral:
Presentada polo BNG sobre o uso da Casa das Máquinas.
Presentada polo BNG sobre o convenio colectivo dos/as traballadores/as de TUSSA.
Presentada por CA sobre os usos de instalacións deportivas.
Presentada polo BNG sobre construción centro IMELGA.
Presentada por CA sobre o pago axudas en programas de igualdade.
Presentada polo PP sobre a selección do director da banda de música.
Presentada polo PP sobre apoio á candidatura cidade creativa da Unesco.
Presentada polo PP sobre pancartas no espazo público.
Presentada por CA sobre o pacto local pola mobilidade.
Preguntas resposta escrita:
Presentada polo BNG sobre a situación da contorna de pistas polideportivas.
Presentada polo PP sobre o Colexio dos Irlandeses-Pazo de Ramirás.
12.- Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1.- Presentada polo BNG para impulsar os usos culturais coa recuperación da Sala Iago.
2.- Presentada polo BNG para a dotación de xulgados de violencia de xénero e familia en Santiago de Compostela.
3.- Presentada por CA para que se garanta o exercicio do dereito á información para función de fiscalización e control do goberno por parte dos grupos da oposición.
4.- Presentada polo BNG para a axilización das licenzas para a instalación de internet no rural compostelán.
5.- Presentada por CA para que se elabore un plan municipal de accesibilidade que recolla as demandas dos colectivos de mulleres e discapacidade.
6.- Presentada por CA para que se establezan os pertinentes mecanismos de diálogo coas e cos traballadores da empresa municipal TUSSA e a súa representación sindical.
7.- Presentada polo PP para levar a cabo distintas melloras no CEIP de Roxos.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘A Canción da Terra’, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Paul Daniel e coa mezzosoprano Marina Pardo e o tenor Andeka Gorrotxategi. Inclúe a estrea absoluta de ‘Un ollo de vidro’ de A. Alcalde, obra encargo da RFG. Dentro do programa de abono RFG-Auditorio de Galicia.

20.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega de premios do concurso "Coñece o teu concello".

Compartir: