Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 24 de marzo

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira de Compostela Aberta, Marta Lois, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Rubén Prol, para presentar o plan de obras nos CEIP durante Semana Santa.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, do director da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, Casiano Mouriño; e do músico e mestre de instrumentos populares, Suso Vaamonde; para presentar o proxecto "Os nosos instrumentos hoxe".
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar a exposición ‘Solovki’, que acollerá o Auditorio a partir deste mércores. Na rolda estará presencialmente a comisaria da mostra, Alicia Ventura, e telematicamente os fotógrafos Juan Manuel Castro Prieto e Rafael Trapiello.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

20.00 h
Na sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia, apertura da exposición ’Solovki’, de Juan Manuel Castro Prieto e Rafael Trapiello, comisariada por Alicia Ventura. Asiste o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

Compartir: