Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 23 de marzo

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, para dar conta das bases da convocatoria de axudas individuais para o uso do servizo de taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade ou que presentan limitacións para o uso do transporte colectivo para o ano 2021.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta Jorge Duarte sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, reúnense con Cáritas Diocesana.

12.00 h
No Museo do Pobo Galego, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación da 16ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE). Na rolda tamén estarán Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación Coruña; Jacobo Sutil, xerente de Agadic; Concha Losada, vicepresidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego; e Ana Estévez, directora da MICE.

Artellando feminismo
CARA A UNHA REVISIÓN FEMINISTA DA HISTORIA DA ARTE
Eugenia Tenenbaum
Online

Compartir: