Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 28 de setembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o programa de Outono da Banda Municipal de Música. Na rolda tamén estará o seu director, Casiano Mouriño.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal

13.00 h
No Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Federación de ANPAs de Santiago.

19.00 h
Na praza do Toural, presentación do libro Eles e mais eu. Compostelaneando, de Xosé Luis Bernal "Farruco".

Compartir: