Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 11 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA telemática de presentación da XXXIX Feira do Libro de Santiago de Compostela. Participan:
Pilar Rodríguez Álvarez, presidenta da Federación de Libreiros de Galicia.
Anxo Lorenzo Suárez, director xeral de Políticas Culturais.
Xurxo Couto Rodríguez, deputado de Cultura pola Deputación da Coruña.
Mercedes Rosón Ferreiro, concelleira de Acción Cultural.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, para presentar as actividades de verán nos centros socioculturais do rural.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, para dar conta da declaración ambiental EMAS do servizo de Parques e Xardíns. Na rolda tamén estarán os auditores Santiago Cristín e Martín Pita.

NOTA: todas as roldas serán retransmitidas por streaming a través da páxina web municipal e da canle de YouTube do Concello.

Compartir: