Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 19 de febreiro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do grupo municipal popular sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de - Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural para presentar ‘Medida x Medida’, obra coa que Producións Teatrais Excéntricas celebra o seu 15 aniversario e que poderemos ver no Auditorio de Galicia este venres e sábado. Participan tamén na rolda: Jacobo Sutil, director de AGADIC; Quico Cadaval, director e dramaturgo da obra; e Víctor Mosqueira, María Costas e Josito Porto, que forma parte do elenco.

11.30 h
Na Residencia Fundación José Otero-Carmen Martínez, ‘Concerto para Maiores’ da Banda Municipal de Música, dirixida por Casiano Mouriño. Interpretan obras de Lope, Sorozábal, Calero, Romo, Domínguez, del Río e Soutullo.

11.45 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa cónsul xeral de Francia en Bilbao, M. Yann Battefort.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta Jorge Duarte sobre asuntos de carácter local.

13.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese Samir Sami Mátar, presidente da Comunidade Islámica de Galicia.

19.00 h
No Paraninfo da Universiade, Facultade de Historia, o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, asiste á presentación da "Gran obra dos Camiños de Santiago".

19.30 h
Na Capela do Concello, reunión do Consello de Dirección e do Consello Asesor do Parque Compostela Rupestre, no que están os concellos de Santiago, Ames, Brión, Teo e Val do Dubra. Asiste a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón.

19.30 h
En Afundación, a concelleira de Eduación, Noa Díaz, participa na mesa "Novas tecnoloxías. Novas relacións sociais?", enmarcada no programa Tempo da Psicoloxía, organizado polo Colexio de Psicoloxía de Galicia e a Facultade de Psicoloxía da USC.

20.00 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside a IV Gala do Deporte do Concello de Santiago de Compostela.

Compartir: