Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 13 de febreiro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, Píscore e a Banda Municipal de Música presentan o "Concerto Con Fusión", dentro do Programa Didáctico de Compostela Cultura.

12.00 h
Na Casa do Cabido, inauguración da exposición "Des_facendo o xénero (a través da arte)". Asisten: Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade; Begoña Álvarez (comisaria), Ana Castro e María Eiras, promotoras da exposición; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; e Juan Conde, responsable de publicacións do Consorcio.

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

19.30 h
No Auditorio de ABANCA, (rúa do Preguntoiro), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega da VII edición do premio á excelencia empresarial do Club Financeiro de Santiago.

19.45 h
No Auditorio de Galicia, Conversando con… Paul Daniel, previo ao concerto no que dirixe á Real Filharmonía de Galicia ás 20.30 h.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, "Xogando con Beethoven", concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Paul Daniel e co Cuarteto Quiroga. Enmarcado no Programa de Abono RFG-Auditorio de Galicia, no concerto interpretan obras de Clyne, Adams e Beethoven.

20.30 h
No Teatro Principal, Unahoramenos Producciones presenta "Ana, también a nosotros nos llevará el olvido", dentro do programa "Á escena! Temporada de artes escénicas 2020’"de Compostela Cultura.

Compartir: