Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 18 de decembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, e da deputada parlamentaria Iria Carreira sobre asuntos de carácter local. NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar a San Silvestre 2020. Na rolda tamén estarán Iván Sanmartín, delegado en Santiago da Federacion Galega de Atletismo; e Rocío Ovalle, coordinadora de Cruz Vermella Santiago.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Catedral, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de presentación da restauración da Catedral de Santiago. (Acceso pola porta de Praterías).

13.45 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside a celebración da Comisión Executiva e do Consello de Administración do Consorcio. (SÓ GRÁFICOS. Enviarase nota).

Compartir: