Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 1 de outubro

9.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asina os convenios de colaboración coas seguintes entidades sociais: FEAFES, Banco de Alimentos, Xoán XXIII, Cruz Vermella e Fundación Andrea.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar a actividade Jazz da Rúa Nova. Na rolda tamén estarán Ramón Pinheiro, director artístico do evento, e Pablo Sanmamed, músico.
NOTA: será retransmitido por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Ramón Quiroga sobre asuntos de carácter local.
NOTA: será retransmitido por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
No Parque da Alameda (a carón da rúa do Campo do Cruceiro do Gaio), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa no acto de entrega do Premio Calidade do Aire ao Concello de Santiago polo proxecto europeo TRAFAIR.

13.00 h
Na Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na sinatura do convenio de colaboración sobre o servizo de autobús urbano no barrio dos Tilos.
SÓ GRÁFICOS. Enviarse nota.

Compartir: