Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 3 de maio

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar o ciclo "Primavera Jazz". Na rolda tamén participarán Xosé Manuel Durán, da Asociación Veciñal Raigame, e Ánxeles Porto, da Asociación Cultural Cidade Vella.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

13.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o reitor da USC, Antonio López, asisten á apertura da exposición "A cidade, o camiño e Nós", ao pé do monumento dedicado a Rosalía de Castro no paseo da Ferradura.

18.30 a 20.00 h
Na Casa das Mulleres Xohana Torres, #CONVERSANDO: "O Novo Circo, tamén Territorio das Mulleres", actividade do Club C! relacionada co espectáculo "Alma (non é hippie)".

FESTA DO BANQUETE. CONXO 2019
11.00 h
"O Pequeno Banquete". Representación teatral e gravación de videoclip musical co alumnado do CEIP Quiroga Palacios (Santiago de Compostela) e do CEIP Plurilingüe Pepe Xan Baña (Santa Comba). Carballeira de Conxo.

18.00 h
"A aventura das sete landras". Xincana xuvenil polos sendeiros do Sar. Organizan: Clube Mozo de Conxo e Asociación Xuvenil Itaca. Inscrición no Centro Cívico de Conxo.

19.00 h
Obradoiro de cantos de taberna. Centro Cívico de Conxo.

21.00 h
"Cantares de Conxo". Cantos de taberna nos bares do barrio: Taberna do Psiquiátrico, Pulpería Fuentes, Bar O Caimán, Bar A Chara, Bar-Restaurante A Pajueleira, Bar Piñón, Bar Noya, Bar Os Mallos, Bar Orpheus e Bar Marló.

Compartir: