Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para xoves 19 de decembro

10.00 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, presiden a Xunta Local de Seguridade. Declaracións ao remate (10.45 h, aprox).

11.00 h
Na Casa do Concello, o concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, recibe a Alfredo Okenve, premio franco-alemán de Dereitos Humanos e Estado de Dereito no ano 2018.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar o Campionato Galego de karate sénior, máster e para-karate. Na rolda tamén estará o director técnico, Óscar Lafuente López.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, sobre asuntos da súa área.

17.00 h
Pleno ordinario (NOTA: haberá streaming)
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do 27 de novembro de 2019.
2.- Suspensión cautelar do procedemento de autorización de novos usos de aloxamento temporal.
3.- Aprobación definitiva do estudo de detalle da parcela I4a02 do parque empresarial da Sionlla.
4.- Proposición do grupo municipal do BNG, para contribuír a recoñecer e normalizar as familias monoparentais con medidas para favorecer a igualdade e a protección dos menores.
5.- Proposición do grupo municipal do BNG, para realizar e desenvolver, con apoio no tecido local e galego, unha programación cultural específica atractiva para as persoas que nos visitan.
6.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre o estudo para a adquisición da parcela do antigo colexio Peleteiro.
7.- Proposición do grupo municipal de Compostela Aberta, para a continuidade da construción da "Compostela Territorio de Mulleres".
8.- Proposición do grupo municipal de Compostela Aberta, para impulsar un programa de residencias de creación e pensamento para acoller o talento que se recibe polos Camiños de Santiago.
9.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
10.- Rogos, preguntas e interpelacións.

19.45 h
Na Sala Mozart, Conversando con… Jaime Martín, previo ao concerto no que dirixe á Real Filharmonía de Galicia.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, "Serematas para un serán", concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Jaime Martín, dentro do Programa de Abono do Auditorio de Galicia-RFG.

Compartir: