Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 10 de decembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta Rafael Peña sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, para presentar a festa de Fin de Ano 2019. Na rolda tamén estará Alberto Alfonso, de Art Music Agency.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na praza de Armas do Aeródromo Militar de Santiago, os concelleiros Sindo Guinarte e José Manuel Pichel asisten aos actos na Honra da Virxe de Loreto, patroa do Exército do Aire.

18.30 h
Na Fundación Granell, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto inaugural da exposición da Asociación Fonte da Virxe.

19.30 h
Na Fundación Gonzalo Torrente Ballester, presentación do libro "Longas sombras na pedra". Asisten: Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; Juan Conde, responsable de Publicacións do Consorcio; Denís Fernández Cabrera, de Urco Editora; e os autores dos relatos.

Compartir: