Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 1 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Políticas de Igualdade, Noa Díaz, e de Medio Rural, José Manuel Pichel, para presentar a actividade "Obradoiros da risa". Na rolda estarán tamén tres das mulleres participantes.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar a programación do Ciclo de Outono da Banda Municipal de Música. Na rolda tamén estará o director da Banda, Casiano Mouriño.

13.00 h
En Braga, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantén unha xuntaza co presidente da Cámara Municipal, Ricardo Rio.

22.30 h
No Teatro Principal, preestrea de "O que arde", de Oliver Laxe, dentro de CURTOCIRCUÍTO 2019, coa participación do director do filme, Oliver Laxe, e os protagonistas do mesmo: Amador Arias e Benedicta Sánchez. Asisten o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada; o deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto; a concelleira de Acción Cultural de Compostela, Mercedes Rosón; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; e o director do festival, Pela del Álamo.

Compartir: