Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 8 de marzo

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, Odaiko presenta Invención dentro do Programa Didáctico da concellaría de Acción Cultural.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista Gonzalo Muíños sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Día Internacional das Mulleres
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de entrega do I Premio Xohana Torres de ensaios e creacións audiovisuais sobre a memoria histórica das mulleres en Compostela.

12.00 h
Día Internacional das Mulleres
Na praza do Obradoiro, lectura do manifesto institucional con motivo do Día Internacional das Mulleres.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar o I Foro Tex Atlántica. Na rolda tamén estará Fermi Pereira, organizadora do evento.

13.30 h
No Parque de Bombeiros (avenida de Rodríguez de Viguri, s/n), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, asisten á recepción con motivo do Patrón do Corpo de Bombeiros.

19.30 h
Na Fundación Torrente Ballester (rúa do Vilar, 7), o alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Martiño Noriega, presenta o manuscrito inédito da obra De catro a catro, do poeta Manoel Antonio.

20.30 h
Día Internacional das Mulleres
No Teatro Principal, Bravas e diversas, espectáculo teatral e musical de Chévere conducido polas Fillas Bravas (Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar) e coa participación de Clara Gayo, Esther Carrodeguas, Renata Otero, Marta Alonso, Menina Arroutada&Glitch Girl e Leilía. Asiste o alcalde de Santiago, Martiño Noriega.

Compartir: