Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 7 de marzo

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, Odaiko presenta ‘Invención’ dentro do Programa Didáctico da concellaría de Acción Cultural.

11.30 h
No Palacio da Zarzuela, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, será recibido en audiencia polo xefe do Estado, D. Felipe de Borbón. O alcalde fará declaracións ao remate no control de acceso de Somontes.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da tenente de alcalde María Rozas para presentar o novo ciclo da concellaría de Acción Cultural, Compostela Conversa, onde grupos musicais conversan sobre o sector e despois ofrecen un concerto. Estará acompañada pola directora artística do ciclo, Cristina V. Miranda.

12.00 h
Na Alameda, o tenente de alcalde Jorge Duarte participa no acto simbólico de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Ramón María Valle-Inclán organizado pola Fundación Eugenio Granell en colaboración co Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.

13.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ás seleccións galega e catalá de fútbol sala feminino.

20.30 h
No Pavillón de Santa Isabel, partido de fútbol sala feminino Galicia-Cataluña, organizado polo Concello, o Santiago Futsal e a Federación Galega de Fútbol dentro da programación polo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

Compartir: