Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 6 de marzo

10.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co rexedor da cidade escocesa de Stirling, Michael Robbins. (SÓ GRÁFICOS).

10.30 h
No cruce da rúa Montero Ríos con Rapa da Folla, o voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, mantén un encontro cos medios.

11.00 h
No Salón de Plenos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o pleno infantil sobre educación viaria no que participará o alumnado do CEIP Raíña Fabiola.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
No Paraninfo de Historia da USC, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste á representación teatral "Té con Kant" de Inversa Teatro, dentro da programación para o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta do encontro que manterá o martes no Palacio da Zarzuela co Xefe do Estado, D. Felipe de Borbón.

19.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ás seleccións de España, Bulgaria e Suiza de Tenis de Mesa.

19.30 h
No Centro Sociocultural do Ensanche, a concelleira de Mocidade, Noa Morales, asiste á inauguración da exposición "Tamén é machismo", campaña de sensibilización proposta nos orzamentos participativos.

20.00 h
Na Praza do Obradoiro, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, asiste á intervención artística "Sons Cor Violeta" a cargo de María Xosé Domínguez para homenaxear as vítimas do incendio da fábrica Triangle Shirwaist de Nova Iorque do 25 de marzo de 1911.

Compartir: