Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 4 de marzo

10.30 h
No Polígono do Tambre, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste ás X Xornadas de técnicos deportistas e voluntarios de Special Olympics Galicia.

11.00 h
No Parque de Bombeiros (Avda. de Rodriguez de Viguri s/n), o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, asiste á II Xornada de Portas Abertas organizada polo Servizo de extinción de Incendios e Salvamento en colaboración coa Concellería de Educación.

12.30 h
Na praza do Obradoiro, as concelleiras Marta Lois e Concha Fernández asisten á concentración "Por unha cidade acolledora coas persoas refuxiadas", convocada por Amnistía Internacional.

20.30 h
No Teatro Principal, Producións Teatrais Excéntricas presenta a estrea de ‘A cabeza do dragón’ de Valle-Inclán, primeira vez que se representa un texto do autor en galego. Dirixida por Quico Cadaval e co propio Cadaval, María Costas, Iván Marcos, Yelena Molina, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Josito Porto e Patricia Vázquez en escena.

Compartir: