Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 31 de marzo

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘Corre, corre, boliña!!’, concerto didáctico da Banda Municipal de Música acompañada de Celso Fernández Sanmartín como narrador. Dentro do Programa Didáctico da concellaría de Acción Cultural.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o IV Torneo Viravolta Santiago. Na rolta tamén estará a presidenta do Club Viravolta Santiago, Wendy Rey, e José María Fernández, da empresa patrocinadora do evento.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo e Igualdade, Marta Lois, e de Sophie Auster, para presentar o concerto que dará Auster pola noite no Teatro Principal e co que se pechan as actividades con motivo do 8 de marzo. Na rolda estará tamén Xaime Casas, da produtora Idea Rock.

16.30 h
No Pazo de San Roque, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, asiste á inauguración do X Congreso de CC.OO-Ensino.

17.00 h a 18.30 h
Dentro das actividades do CIAC, visita á depuradora de Aríns (transporte desde o CIAC incluído).

19.00 h
No LSC de Santa Cristina de Fecha, o concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, mantén unha xuntanza coa veciñanza da zona sobre a regularización catastral. Ás 20.30 h, no local social da Gracia.

20.30 h
No Pazo de Fonseca, o concelleiro Xan Duro asiste ao acto de benvida aos membros da Federación Europea de Periodoncia.

20.30 h
No Hotel Los Abetos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura as VII Xornadas Nacionais de Respiratorio SEMERGEN.

20.30 h
No Teatro Principal, concerto de Sophie Auster que presenta o seu último traballo, ‘Next Time’ en Compostela.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia con Maxym Emelyanchev como director e pianista. Interpretan obras de W.A. Mozart.

Compartir: