Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 29 de marzo

9.30 h
No Museo das Peregrinacións, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, inaugura o VI Encontro Ibérico de Xestores de Patrimonio Mundial, organizado pola Secretaría de Estado de Cultura, a través da Subdirección Xeral de Protección de Patrimonio Histórico, en colaboración co Consorcio de Santiago, o Concello de Santiago e a Xunta de Galicia.

10.30 h
No Hotel NH Collection, a concelleira de Turismo, Marta Lois, participa na xornada sobre oportunidades comerciais que organiza a Cámara de Comercio en colaboración con Lufthansa.

10.45 h
En Belvís, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visitan o Centro de Interpretación de Parques e Xardíns.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Animal, Noa Morales, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, recepción por parte do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, ao alumnado que participa no programa de intercambio do Instituto Johann Philipp Reis Schule de Weinheim co IES Pontepedriña

12.30 h
En Pontepedriña (parque infantil do grupo Cardeal Quiroga) o voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, mantén un encontro cos veciños.

17.00 h
Na Casa do Concello, recepción por parte do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, ao alumnado de bacharelato procedente de Italia, Salamanca e Madrid que participa no programa de intercambio co IES Xelmírez.

20.00 h
No Centro Sociocultural de Santa Marta, o alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, reúnense coa Asociación Veciñal de Santa Marta.

20.00 h
No Hotel NH Collection, a concelleira de Turismo, Marta Lois, asiste ao evento de inauguración das rutas de Lufthansa desde Santiago.

Compartir: