Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 23 de marzo

9.30 h
No Teatro Municipal de Bragança, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, participa no II Seminario de intercambio de experiencias no ámbito da Educación do Eixo Atlántico.

10.00 h
En Madrid, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, mantén unha xuntanza coa xerencia da Fundación Ferrocarriles de España.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
No Salón Vermello, recepción por parte do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, a un grupo de estudantes italianos de intercambio co IES Eduardo Pondal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar a programación da Semana Santa 2017. Na rolda tamén estará o presidente da Xunta de Confrarías, Salvador Forján.

19.45 h
No Auditorio de Galicia, conversando con… Manuel Hernández Silva, previo ao concerto da Real Filharmonía de Galicia.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Manuel Hernández Silva e con Amaury Coetaux, violín. Interpretan obras de Grieg e Chaikovski.

20.30 h
No Teatro Principal, Talía Teatro presenta ‘Ubú Rei’. Dirixida por Roberto Salgueiro e con Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez, Rubén Prieto, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Dani Trillo en escena.

Compartir: