Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 21 de marzo

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, Baobab Teatro presenta ‘Luppo’, dentro do Programa Didáctico da concellaría de Acción Cultural.

11.15 h
No CGAC, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura o acto con motivo do Día Mundial da Poesía con alumnado de primaria e secundaria.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

13.15 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción por parte do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, ao alumnado do Colexio de San Lucas e María de Toledo e do Colexio López Ferreiro, que participan no programa de intercambio de Cidades Patrimonio.

20.00 h
Na sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia, o alcalde da cidade, Martiño Noriega, inaugura MiiC, Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea, xunto á comisaria da mesma, Matilde Rodríguez.

Compartir: