Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 20 de marzo

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular María Antón sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘Mamasunción fala agora’, proxección do filme e actividade didáctica dentro do Programa Didáctico Audiovisual da Concellaría de Acción Cultural.

11.30 h
Na Escola unitaria da Susana, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado pola concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, clausura o Obradorio de Emprego EcoRural Santiago.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a III edición da carreira nocturna SantYaGo. Na rolda tamén estarán José A. Juanatey, presidente do Club Atletismo Fontes do Sar, entidade organizadora; Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega de Atletismo; e Yolanda Gutiérrez, madriña da carreira.

20.30 h
Na Capela do Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de entrega dos Premios Down Compostela.

Compartir: